Quen somos?

Asociación Galega de Mediación
Escolar e Familiar
A Asociación Galega de Mediación está formada por profesionais da Educación Social que traballan en diferentes áreas que van dende os Servizos Sociais Comunitarios Básicos dun concello ata Centros de Protección á Infancia así como Centros Educativos na procura máxima de que a Cultura da Paz impregne e contaxie positivamente as relación humanas.
Nacemos coa intención de espallar a Cultura da Paz polo territorio galego, ensinando a practicar a ferramenta máis eficaz do mundo: A Mediación… dun xeito especial.

Un xogo de nenxs
Así poderíamos definir tamén a mediación educativa; tanto a mediación escolar coma a mediación en centros de menores é unha ferramenta marabillosa que podemos implementar xogando. Aprenden distintas técnicas dun xeito lúdico, sempre priorizando a práctica sobre a teoría, ata conseguir dominar os tempos da mediación, medrando tanto individual coma colectivamente.
En ASGAMED pretendemos -e conseguimos- ensinar a mediar partindo de supostos eminentemente prácticos, aprendendo a teoría dende a posta en marcha dun caso real (é tan real coma queiramos, mentres dure a práctica).
Convidámosvos a probar. Aseguramos o enganche.
Os nosos inicios

«Me llamo Bella, y la mediación me cambió la vida»
Aló polo 2010 comezamos un camiño descoñecido; dicían que funcionaba, que evitaría tanta intervención educativa, tanta discusión na que nos enzarzábamos cos nenos, nenas e adolescentes durante o noventa por cento do tempo de traballo nun centro de protección de menores. Poucos creían en nós… posiblemente nin nós mesmos, pero contamos cos apoios axeitados e necesarios, creron neste grupo de traballo e nós cremos nos nenos, nas nenas e nos adolescentes que mentres duraban as sesións de formación en mediación, eramos compañeirxs, de tí a tí, e aí radicou o noso éxito. O éxito era precisamente iso, o empoderamento do invisible, a ilusión, as súas leccións de vida.
O Equipo

Vellos fundadores
O noso equipo está formado por compañeiros e compañeiras do eido da Educación Social principalmente, aínda que setimos que tamén forman parte de nós todos aqueles nenos e nenas que chegaron (ou non) a ser Mediadorxs. Sexa como fose, a cada un deles seguro que lle mellorou a vida. As mediadoras e os mediadores… ven máis que o resto do mundo.

Diego Fernández
O caótico entusiasta
«Ver o crecemento persoal dos menos favorecidos é o máis grande regalo que me da cada día a Mediación»
Nuria Domínguez
Sempre ordenada
«Moitas veces é mellor non decir nada… só tomar nota»


Lois Díaz
A Paixón
«A Mediación é a mellor ferramenta para reducir as intervencións educativas dxs educadorxs sociais»
Queres probar?
Preme no botón e resolvemos as túas dúbidas