Asociación Galega de Mediación Escolar e Familiar

Facilitamos a comunicación asertiva

Os problemas

teñen solución!

Dende a Asociación Galega de Mediación pretendemos dar solución ós problemas de comunicación que habitualmente son os culpables dos conflitos. Sempre hai unha opción pacífica para resolver as discrepancias.

kids, drawing, scribble-3171905.jpg

Quen somos?

Namorados da MEDIACIÓN

A Asociación Galega de Mediación naceu coa intención de espallar a Cultura da Paz polo territorio galego, ensinando a practicar a ferramenta máis eficaz do mundo: A Mediación… dun xeito especial.

Observa a realidade dende outro punto de vista

Cando saes ó balcón do teu veciño, a praza que ves é a mesma… pero parece outra. Esa perspectiva fai que sexamos quén de comprender cousas que ata ese momento quedaban lonxe… ten que ver coa empatía.

keyboard, computer, keys-886462.jpg

Próximamente…

De qué xeito podemos axudarte?

Temos varias opcións de colaboración, todas elas dirixidas a axudar nos traballos de implantación dalgun xeito de mediación na vosa contorna.

people, faces, lines-7035403.jpg

Implantación novo equipo

Acompañamos e guiamos en tódolos pasos para a implantación dun equipo de mediación no voso centro educativo ou centro de protección.

Asesoramento

Estamos ó teu carón nos procesos de mediación que leves a cabo ou penses en abordar.

Cursos a medida

Deseñamos para vós o curso que máis os conveña, partindo sempre da práctica para chegar ó coñecemento teórico.

Mediación formal

Como mediadores colexiados levamos a cabo a tua mediación, tanto no ámbito educativo coma familiar.

Coñecenos

asgamed somos

Nuria Domínguez, Redondela

Pedagoga

Mediadora educativa

Experta en xestión de emocións

Creadora de contidos para a práctica da identificación de emocións e mediación para primeiros ciclos

Lois Díaz, Foz

Educador social col. Nº 0907

Mediador Familiar inscrito no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia BS426A

Perito xudicial socioeducativo

Asesor para a creación de equipos de mediación en centros escolares e de protección

Deseño de protocolos para equipos de mediación

Diego Fernández, Compostela

Educador Social col. Nº 3301

Mediador Familiar inscrito no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia FM0503101

Formador de formadores en modalidades presencial e teleformación

Perito xudicial socioeducativo

Asesor para a creación de equipos de mediación en centros escolares e de protección


Algunha dúbida?

Si tes interese pola Mediación ou queres facernos algunha consulta, contacta con nós