Mediareduca

Mediareduca é o noso sistema!!

É o noso xeito particular de aprender e ensinar Mediación baixo o amparo da Asociación Galega de Mediación. Tanto se queres iniciarte neste fermoso mundo, coma se precisas perfeccionar as ferramentas que redunden nunha mellor técnica mediando, podemos axudarte. Somos especialistas na creación, implementación, adestramento e asesoramento de Equipos de Mediación.

En ASGAMED deseñamos o noso propio sistema de ensino baseándonos na nosa experiencia como creadores. Fai xa uns 10 anos, fomos quen de crear o primeiro equipo de mediación nun centro de protección á infancia de Galicia e un dos primeiros en España. A tarefa estivo chea de dificultades, vías mortas e algún que outro sinsabor, máis o duro procedemento de construción do Equipo foi capaz de xerar un equipo unido, formado e que mudou para sempre o xeito de solventar os conflitos, grandes e pequenos do noso micromundo.

É imprescindible destacar, sempre, unha das bondades do noso método, que premia o esforzo e traballa en positivo, conseguindo mellorar a autoestima dos compoñentes dun modo exponencial nalgún dos casos.

Este método, está baseado nos nosos éxitos e tamén nos nosos fracasos. Estamos en disposición de afirmar que o sistema «mediareduca» é o que máis éxitos aporta a un Equipo de Mediación. As vantaxes fronte a outros xeitos de formación pódese resumir coa sinxela receita conformada polas verbas selección, continuidade, práctica e traballo diario (centrado máis en evitar conflitos que en solucionalos).

board, chalk, feedback-3700116.jpg